Friday 03 de May de 2024

Cine na Fábrica: O médico dos pobres, un documental de Federico A. Rioboo


No Auditorio da Fábrica proxectarase o venres 17 ás 20:30h, “O médico dos pobres”; un documental de Federico A. Rioboo

O documental narra a vida de Manuel Díaz “O Pequeniño”, médico rural, deputado provincial e alcalde do Incio durante a República. Un home bondadoso, cunha verdadeira vocación de médico do pobo, e cunha gran humanidade que nos leva a reflexionar sobre a saúde mental. Un home que inspirou a creación dunha asociación e unha casa dedicada á súa memoria.
Nesa casa (coñecida como Casa de Peña), Manuel Díaz permaneceu agochado durante días ata que foi apresado e fusilado. As mulleres que o axudaron foron compasivas, lúcidas e sobre todo moi valentes, e este é o espírito que guía este proxecto documental. Recala no papel anónimo de verdadeiras heroínas neses tempos de guerra e de medo a través de testemuños rescatados da tradición oral e nos propios lugares onde sucederon. O clímax do documental será a presentación desta casa como refuxio artístico da xente nova.

O fío condutor desta película parte do libro “Siembra y memoria. Muerte y evocación de un médico republicano”, escrito por José Luís Díaz, sobriño do protagonista.

Ao remate da proxección haberá un coloquio co público.

Esta actividade está financiada pola Deputación Provincial da Coruña.

Entrada de balde con invitación, a recoller unha hora antes no propio espazo